galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Igualdade e Sanidade

luns, 22 de xuño de 2020
"O CONCELLO DO GROVE RECLÁMALLE AO SERGAS O REFORZO DO CENTRO DE SAÚDE DE CARA AO VERÁN"

 

O reparto de quendas de traballo para o verán non contempla persoal para a cobertura de desprazados nin reforzos de tarde para xullo e agosto.

 

O Concello do Grove remitiulle hoxe mesmo unha carta ao xerente da Estrutura Organizativa de Xestión integrada do Sergas, que, segundo as últimas informacións, non ofertou para O Grove prazas de cobertura de persoal médico desprazado nin de reforzos para a tarde en xullo nin en agosto. Trátase dun feito especialmente grave no momento actual, no cal, ademais do fluxo de turistas que pasan as vacacións na localidade, debe terse en conta a especial problemática derivada da Covid-19.

 

Todas as fontes confirman este extremo, polo tanto, trátase dun feito moi preocupante para o municipio pola grave situación que se pode causar con esta medida. O servizo de persoal médico para persoas desprazadas leva ofrecéndose no centro de saúde do Grove desde hai corenta anos, e esta sería a primeira vez que non se contase con el ou con médicos ou médicas de reforzo. A día de hoxe a previsión é dunha ocupación do 80% das prazas de aloxamento da localidade, o que supón triplicar os habitantes da localidade e pretender atender a nivel sanitario este número de persoas co mesmo persoal que normalmente atende as persoas residentes durante todo o ano (xa insuficiente) resulta, cando menos, unha inconsciencia.

 

Dun xeito máis concreto, os profesionais consultados indican que, especialmente este ano, é importante contar con atención específica para os visitantes evitando, deste xeito, a mestura dos doentes da localidade cos foráneos e conseguindo, deste xeito, minimizar posibles problemas.

 

As primeiras respostas ás queixas manifestadas polos profesionais médicos é de normalidade e que se manterán os mesmos servizos que en anos anteriores inda que, en termos tanxibles, as prazas indicadas non se ofertan e a maioría do persoal médico xa ten escollidas as súas prazas de verán, polo que resulta complexo que agora se conte con recursos suficientes para cubrir as necesidades do Grove. Resulta rechamante que estes servizos xa están dispoñibles no caso dun municipio próximo como é Sanxenxo.

 

Ante iso, o Concello diríxese ao xerente da EOXI para solicitarlle o reforzo e incluso a ampliación dos servizos de verán e a incorporación o antes posible deste persoal (dende o 10 de xullo ao 15 de setembro, como mínimo), incidindo especialmente en que foi o propio presidente da Xunta de Galicia quen alertou sobre un posible rebrote da Covid-19, ao que non se lle podería facer fronte nun municipio como O Grove sen os servizos médicos adecuados, tanto para a propia veciñanza como para as persoas que nos visiten.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior xullo | 20 mes próximo
LMMXVSD
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2009. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss