galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Urbanismo

venres, 18 de setembro de 2020
"O LUNS 21 DE SETEMBRO COMEZAN AS OBRAS DE DESDOBRAMENTO DA AVENIDA DE BEIRAMAR"

 

Alcalde, concelleira e responsables da empresa adxudicataria reuníronse hoxe para coordinar esta importante actuación.

 

Esta mesma mañá tivo lugar unha reunión para organizar o comezo das obras de desdobramento da avenida de Beiramar que foran adiadas hai uns meses para evitar a súa posible coincidencia coa temporada de verán. Logo de que os técnicos municipais e os da empresa revisaran o procedemento na zona, determinouse o comezo das obras para o vindeiro luns, 21 de setembro, coa realización do estudo topográfico. A obra ten un prazo de execución de tres meses, polo que se agarda rematala antes da fin deste mesmo ano.

 

Para o desenvolvemento desta obra destináronse dúas cuadrillas de operarios, que traballarán simultaneamente tanto no primeiro tramo —dende a ponte da Illa da Toxa ata a estación de autobuses— como no segundo —entre a estación de autobuses e a praza do Corgo— buscando axilizar o proceso o máximo posible. Durante estes primeiros momentos as obras non suporán cortes de tráfico, xa que se compatibilizarán as intervención co mantemento do tráfico rodado.

 

Lembramos que esta obra permitirá contar cunha vía de entrada e saída da localidade a través da avenida de Beiramar. Trátase dunha intervención integral que conseguirá mellorar, ao fin, a subministración e o abastecemento de auga da zona (das máis danadas da localidade), ademais de incluír a mellora das beirarrúas para garantir a boa circulación dos peóns e ampliar aqueles lugares nos que os servizos de hostalería e restauración precisaban de mellores condicións. O plan inclúe tamén mellorar as zonas de aparcadoiro.

 

Mercado dos venres

 

Como xa estaba previsto, estas obras suporán que o mercado semanal dos venres volva á súa localización anterior na praza do Corgo. Será a partir do 1 de outubro e informarase puntualmente das medidas que se tomarán na nova xestión do espazo. A experiencia deste ano resultou positiva e o Concello xa ten falado cos vendedores e vendedoras para establecer Beiramar como espazo fixo entre Semana Santa e a Festa do Marisco todos os anos, ocupando a praza do Corgo o resto do ano.

 

Dende o Concello incídese en que se trata dunha obra de enorme importancia para o desenvolvemento do Grove, ao tempo que se lle pide comprensión e paciencia á veciñanza que se vexa afectada polas incomodades desta actuación que, de todos os xeitos, se tentará que sexan as mínimas posibles.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss