galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Educación

sábado, 26 de setembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE RECLAMA QUE A XUNTA GALICIA INTERVEÑA PARA SOLUCIONAR OS GRAVES PROBLEMAS DE TRANSPORTE ESCOLAR NO GROVE"

 

Remitiulles cartas de reclamación a Transportes e a Educación.

 

O Concello do Grove remitiulles unha carta aos responsables de Transportes e ao conselleiro de Educación da Xunta de Galicia para reclamar, un ano máis, que se asuman responsabilidades polo mal funcionamento do transporte escolar na localidade. Trátase dun problema que vén de moito tempo atrás e que segue sen solucionarse. Son os colexios da localidade os que teñen que modificar os seus horarios para se adaptaren ao transporte escolar (feito que non ten ningún sentido, xa que o prioritario ten que ser a educación) e a pesar diso o servizo segue a ser precario. De feito, estanse cubrindo as liñas dos tres centros escolares que precisan transporte escolar e dos dous institutos practicamente co mesmo transporte, que dobra e mesmo triplica os percorridos.

 

Neste contexto os atrasos e as demoras no servizo son recorrentes. A liña do CEIP Conmeniño chega tarde sistematicamente todas as mañás e chega a acumular ata 15 minutos de atraso. Unha das liñas do instituto do Monte da Vila tamén ten esa mesma demora na chegada, e no servizo de recollida dos venres a rapazada da zona de Terra de Porto acaba optando por non agardar polo autobús, xa que pode demorar ata 20 minutos sobre o horario previsto. No referido ao colexio Valle-Inclán, cun horario xa pouco frecuente por adaptarse ao transporte escolar (entran ás 9.40 e saen ás 14.40 h), o alumnado está sendo recollido ás 15.00 horas.

 

Dende as propias direccións do centros, as ANPA e o propio Concello do Grove quere manifestarse o seu descontento por esta falta de respecto aos centros educativos e ao estudantado do Grove e solicítaselle á Xunta de Galicia que se solucione este problema e que se lle esixa á empresa concesionaria que poña as liñas, o persoal e os transportes suficientes para dar un servizo adecuado. Como indicamos, este é un problema que se repite curso tras curso, mais este ano se cabe é aínda máis grave, xa que se trata de conseguir unha saída gradual de cada centro para garantir medidas de seguridade pola pandemia. Os rapaces e as rapazas saen dos centros por idades e agardan en distintas zonas do patio para a saída, partindo de que non deben pasar máis que uns minutos nesa área, pero xa nesta semana puidemos comprobar como algúns tiveron que estar agardando máis de trinta minutos. É urxente que se arranxe este problema e que se preste o servizo requirido.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss