galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Benestar Social

luns, 28 de setembro de 2020
"O CONCELLO PRESENTARÁ MAÑÁ A MESA MUNICIPAL DOS COIDADOS"
foto

 

Trátase dunha iniciativa que busca propoñer un traballo comunitario e participativo, innovadora a nivel galego, que achegará ideas e propostas para mellorar as política sociais.

 

A Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove acollerá mañá martes a presentación do proxecto da Mesa Municipal dos Coidados ás asociacións da localidade. Esta presentación faise despois de que nas pasadas semanas xa lles fora presentada aos grupos políticos da corporación. A proposta parte da premisa de que, na situación que estamos vivindo, os coidados teñen que estar moi presentes nas políticas sociais. Deste xeito, inda que o Concello do Grove sexa o que lidere esta iniciativa, a colaboración entre os distintos colectivos e grupos sociais fará que este proxecto poida funcionar e poida mellorar a vida de moitos veciños e veciñas, facendo as cousas más sinxelas.

 

Dun xeito máis concreto, o proxecto susténtase nos principios de participación, apropiación, empoderamento, coherencia, transparencia, innovación social e transformación. Así, poñerase en marcha buscando establecer os mecanismos precisos para garantir a sustentabilidade das iniciativas ao longo do tempo, evitando iniciativas puntuais e sen continuidade. Por suposto, a perspectiva de xénero tamén será fundamental. As fases de desenvolvemento pasan por un traballo inicial de análise e diagnose, atendendo os recursos dispoñibles á hora de asegurar os dereitos de coidados e corresponsabilidade. Na segunda fase será cando se poñan en marcha as alianzas e será a Mesa Municipal de Coidados a que a lidere. Trátase de colaboracións entre os servizos municipais e as organizacións de mulleres, as organizacións sociais e, por suposto, tamén o sector privado involucrado no eido dos coidados.

 

O proceso participativo liderado polo Concello consistirá no desenvolvemento de mesas conxuntas dinamizadas por unha entidade consultora contratada para tal efecto. Nelas avanzarase dende a diagnose ata as propostas sectoriais máis urxentes e relevantes. O proceso finalizará cun compromiso firme de cada participante na Mesa para involucrarse nos obxectos e resultados da campaña. A planificación e a programación da proposta estará organizada ao redor de tres mesas ou comisións, correspondentes aos tres eixes fundamentais de traballo: persoas maiores e dependentes, fogares monoparentais e prevención da violencia machista.

 

O Concello do Grove dispuxo 7.000 euros para este proxecto e incluíu no equipo a profesora e socióloga Iria Vázquez Silva, o diplomando en Relacións Laborais e máster en Recursos Humanos pola USC José Manuel Pérez e a filóloga e máster en Estudos da Muller e Políticas de Igualdade de Oportunidades Esther Pino.

 
Galería:
 
Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss