galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Cultura

luns, 28 de setembro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE PREPARA UN NOVO PROGRAMA CULTURAL PARA OS MESES DE OUTUBRO E NOVEMBRO"

As novas actividades do programa “En outono, libros cinema e contos” comezará o próximo 2 de outubro e estenderanse ata o 27 de novembro.

 

O Concello do Grove vén de organizar para os meses de outubro e novembro un novo programa cultural que se poderá desfrutar na Rede de Bibliotecas do Grove e que inclúe contacontos, cinema, lecturas variadas e actividades en Rede. A programación comezará o venres, 2 de outubro coa proxección do filme El hogar de Miss Peregrine na Biblioteca Municipal do Grove.

 

Non podemos esquecer que o mes de outubro resulta especialmente importante para a actividade cultural da localidade ao celebrarse o Día das Bibliotecas. Inda que esta data se conmemora o 24 de outubro, ofrecerase unha intensa semana de actividades. O martes 22 proxectarase a película Ferdinand. e o venres 23, Matilda. O mércores 21 de outubro Charo Pita achegará á Axencia de Lectura de San Vicente o contacontos Aventureiras intrépidas e o sábado 24, xa na biblioteca municipal do Grove, Raquel Queixas ofrecerá o espectáculo de contacontos Cinema Marabillas. Ver para ler.

 

O programa de outono completarase coa sesión de contacontos Contos de medo que deixan durmir, a cargo de Caxoto o 13 de novembro, o espectáculo Debulendo lendas, a cargo de Tarabelos, o 24 de novembro, proxeccións de cinema, guías de lectura e actividades nas redes sociais. Así mesmo, o venres 27 de novembro ofrecerase unha sesión de cinema para adultos No estás sola, Sara, un filme enfocado a tratar a temática da violencia de xénero.

 

Co fin de manter as condicións hixiénicas e de seguridade, a capacidade é limitada, polo que é necesaria inscrición previa en todas as actividades.

 

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss