galego | español
texto grande
buscar

Noticias

Documentación e Patrimonio

luns, 20 de setembro de 2021
"O CONCELLO DO GROVE ELABORA UN VÍDEO DOCUMENTAL DE PUNTA MOREIRAS E O PROCESO DA SALGADURA"

 

 

O Concello do Grove acaba de elaborar un vídeo documental do proceso da salgadura da sardiña co obxectivo de poñer en valor o patrimonio cultural inmaterial do municipio e garantir a súa transmisión ás vindeiras xeracións.

O vídeo amosa dunha forma sinxela e visual os diversos pasos do proceso da salgadura, narrado e explicado con voz en off e, ao mesmo tempo, amosa a beleza e a riqueza cultural da paisaxe mariña e o espazo museístico  de Punta Moreiras

O patrimonio cultural inmaterial inclúe prácticas e expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes, como tradicións orais, artes escénicas, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional. Por iso é importante non só salvagardar o patrimonio inmoble se non tamén aquel patrimonio inmaterial, como son as técnicas e procesos utilizados para a realización da salgadura da sardiña.

Para a realización do vídeo contouse coa colaboración da Asociación Amigos da Salgadeira de Moreiras, así como de varias persoas e colectivos do Grove que puxeron da súa parte para acadar o resultado final a os que o Concello lles quere agradecer a súa colaboración.

Así mesmo, queremos amosar a nosa gratitude a Asociación Cultural "Leña Verde de Pol", autora dos temas musicais utilizados no vídeo, pola cesión dos dereitos gratuitamente para este proxecto.

O vídeo será difundido a través da redes sociais co obxectivo de facilitarlles a súa visualización a todas as persoas.

Pódese acceder ao vídeo a través do seguinte enlace:

https://www.youtube.com/watch?v=oJrr5I3S7ok

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior outubro | 21 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss