O Pleno deste Concello, en sesión celebrada o 28.03.2022, acordou a aprobación provisional da modificación da Ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, para adaptala ao Real Decreto-lei 26/2021, de 8 de novembro.
En cumprimento do disposto no artigo 17.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, sométese o expediente a información pública polo prazo de trinta días a contar dende o día seguinte da inserción deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, para que os interesados poidan examinar o expediente e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes. Así mesmo, estará a disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello. Se transcorrido dito prazo non se presentaran reclamacións, considerarase aprobado definitivamente o devandito acordo.