galego | español
texto grande
buscar

Historia

As primeiras noticias dun asentamento humano no Grove debemos buscalas na Idade de Bronce, cara ao 1500 a. C. Entre os seus numerosos restos arqueolóxicos destacan dous castros; un na Siradella e o outro en Punta do Castriño.

 

A situación estratéxica daquela illa do Grove explicaría o porqué da atracción que exerceu e a abundancia de materiais arqueolóxicos da cultura romana.

 

Como así confirma as necrópole de Cantodorxo e o rico e complexo conxunto arqueolóxico de Adro Vello (I-XVIII d. C.), O Grove viviu sempre baixo a influencia da mitra compostelá, ata o punto de que aínda no século XVII o arcebispo nomeaba o alcalde da vila.

 

O municipio desenvolve a vida ao longo da Idade Media baixo un marco xurídico moi xerarquizado. Durante esa época sofre frecuentes ataques de normandos; para facerlle fronte a isto, o bispo de Santiago mandou construír fortalezas na Lanzada.

 

A pesca ocupará un lugar moi destacado na economía local ao longo da súa historia, isto supuxo que en época de escaseza de capturas a calidade de vida da poboación se vise afectada.

 

No século XVIII crearase un conflito coa chegada á ría de Arousa dos cataláns, que traen consigo unhas novas artes de pesca moito máis eficaces que as tradicionais.

 

O desenvolvemento de factorías de salga impulsadas polos cataláns chegados da ría de Arousa, así como o paso das terras desamortizadas a novas mans e as posibilidades termais da Illa da Toxa levan á aparición dunha reducida pero diversificada burguesía local (desde fomentadores da pesca a médicos, hostaleiros, etc.).

 

No século XX, a emigración constituíu un dos fenómenos máis importantes, dirixíndose nun primeiro momento a América e, a partir dos anos 60, cara a Europa. A pesar disto, houbo un aumento de poboación grazas ao auxe da explotación do mar (pesca, marisqueo e cultivo en bateas), ás industrias conserveiras, ao turismo e aos capitais chegados da emigración.

 

Neste comezo de século XXI, mantéñense estas fontes de riqueza que constitúen o motor da economía e da vida do Grove.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior decembro | 23 mes próximo
LMMXVSD
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss