galego | español
texto grande
buscar

Axenda

Pre-inscripción do primeiro ciclo de Educación Infantil

Comezo: xoves, 7 de xullo de 2022
Remate: domingo, 17 de xullo de 2022
"Pre-inscripción do primeiro ciclo de Educación Infantil"

 O Concello do Grove abre unha pre-inscripción do primeiro ciclo de Educación Infantil (0-3)

 

 

O Grove, 5 de Xullo de 2022. O Concello de O Grove segue a traballar na fórmula que permita dar unha solución de conciliación ás familias que quedaron sen praza na Escola Infantil de Rons, facendo todos os traballos precisos para por en marcha un Punto de Atención á Infancia, nas instalacións do coñecido como “Colexio das Monxas”. Este PAI, que precisa de varios informes, así como obras de acondicionamento, e a autorización da Xunta, ademais do visto bo de inspección, permitirá a conciliación familiar e laboral dunha vintena de familias.

 

Coa finalidade de coñecer a demanda e as necesidades reais das familias de O Grove para o próximo curso 2022-2023, o Concello abre un prazo de pre-matrícula, o cal permitirá ter datos reais que pemitirán ó concello ser máis efectivo na oferta. As familias que desexen ser usuarias do PAI, deben cubrir esta pre-matrícula, que non implica a consecución de praza, senón que se trata de ter datos reais para que a oferta sexa o máis realista posible.

 

O prazo de pre-matrícula comeza o xoves 7 de xullo, ata o día 17 do mesmo mes,  e esta deberá facerse a través do Rexistro municipal en horario de 9.00 a 14.00 horas. Os impresos de matrícula poden descargarse na web Concello do Grove ou premendo na seguinte ligazón:

FORMULARIO PREINSCRIPCIÓN

 

Webcam en Directo

axenda

noticias

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss