galego | español
texto grande
buscar

Emprego no estranxeiro

REDE EURES

 

Os servizos públicos de emprego do Espazo Económico Europeo fixaron unha rede de cooperación para facilitar a libre circulación de traballadores/as, a Rede de Servizos Europeos de Emprego (EURES).

Información dobre o funcionamento do programa e características deste.

 

Esta rede EURES, a través dos seus máis de 450 euroconselleiros/as e correspondentes en toda Europa, achegan información sobre ofertas de emprego e condicións de vida e traballo nos paises comunitarios.

 

Ao mesmo tempo, posibilítalle ao empresariado a difusión das súas ofertas de emprego fóra do ámbito nacional (en calquera dos países do Espazo Económico Europeo) para a contratación de traballadores/as en calquera estado membro; desa maneira elevan o nivel do seu persoal, melloran os seus produtos e amplían as súas actividades.

 

Os euroconselleiros/as que participan na rede están repartidos na maioría dos países da UE/EEE. Forman parte dos servizos públicos de emprego e demais organismos competentes, como organizacións sindicais e patronais, institucións locais e rexionais etc.

 

Antes de buscar emprego noutro país hai que considerar algunhas cuestións:

O idioma: ten vostede o dominio do idioma suficiente para o tipo de emprego que quere encontrar?

 

A titulación académica ou profesional que se posúe está recoñecida no país ao que se quere ir?

 

Que sabe das condicións de vida e traballo do país: aloxamento, dereito a asistencia sanitaria, en que condicións e se o teñen tamén os nosos familiares, trámites de entrada, residencia etc.?

 

Ofertas da rede EURES

 

 

Procesos de selección EURES en España

 

Alemaña                Austria               Bélxica            Dinamarca          Finlandia

 

Francia                  Holanda             Irlanda             Malta                 Noruega

 

Reuno Unido          Suecia                Suiza

 

 

Portal de oportunidades de aprendizaxe no Espazo EuropeoPLOTEUS

PLOTEUS ten como obxectivo axudar a estudantes, persoas que buscan emprego, traballadores, pais, orientadores e profesores a atopar información sobre cómo estudar en Europa.

 

 

Se estás interesado/a en ser au pair

Pode ser unha alternativa á busca de traballo, se tes entre 18 e 30 anos e estás  interesado/a en perfeccionar un idioma no estranxeiro dun modo efectivo, esta pode ser unha alternativa para vivir nun país de lingua estranxeira cunha familia nativa, aprendendo un idioma cunha retribución semanal polo coidado dos nenos da familia. Esta retribución dependerá do número de nenos e das horas semanais. Rexístrate e crea o teu perfil na seguinte páxina: http://www.aupair-world.es/ e manterás un contacto directo coas familias, sen intermediarios e con plena autoridade nas túas decisións.

 

 

Guía paso a paso para buscar traballo no Reino Unido

Desde a páxina web vivireuropa.com ofrécese unha guía interesante sobre o proceso de busca de emprego no Reunio Unido.

 

Na mesma páxina web apararece información sobre páxinas webs de emprego no Reino Unido.

 

 

Guía para a busca de traballo en Irlanda

Desde a páxina web trabajarporelmundo.org ofrécese unha guía interesante sobre o proceso de procura de emprego en Irlanda, datos de interese, webs de emprego etc.

 

Se estás pensando en ir traballar a Irlanda, pero estás un pouco perdido/a, olla este documento coas preguntas máis frecuentes, algúns consellos e información de interese para a túa futura vida no país: ckfinder/userfiles/files/ME VOY A IRLANDA.odt

 

 

Guía para a busca de emprego en Alemaña.

Ofrécese unha información detallada sobre o proceso de procura de emprego en Alemaña, así como outros temas relacionados co aloxamento, saúde, idioma, educacion etc.

 

 

Especialistas españois para o sector artesanal de Alta Baviera

 

  

www.mae.es

 Páxina oficial do Ministerio de Asuntos Exteriores. Desde a súa sección “Emprego en organizacións internacionais” permite coñecer as vacantes en distintos organismos relacionados coa Organización das Nacións Unidas ou coa Unión Europea, entre outros, e achega todos os datos necesarios para facerlles chegar a solicitude axeitada.

 

Ademais, ao igual que as bolsas de emprego privadas, ofrécelles ás persoas candidatas a oportunidade de se inscribiren e recibiren no seu correo electrónico as ofertas que se  axusten ao seu perfil e ás súas preferencias.

 

 

  www.ofertas-emprego.com

Portal de ofertas de emprego de Portugal.

 

 

Webcam en Directo

axenda

noticias adl

cursos

ofertas de
emprego

Formulario para
ofertar emprego

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss