galego | español
texto grande
buscar

Noticias

martes, 13 de outubro de 2020
"O CONCELLO DO GROVE AMOSA A SÚA DESILUSIÓN CON RESPECTO ÁS PROPOSTAS DE XUNTA DE GALICIA PARA RESOLVER O PROBLEMA DA TUBAXE DE SUBMINISTRACIÓN DE AUGA"

 

O alcalde participou na reunión dos representantes da Mancomunidade cos novos representantes de Augas de Galicia a pasada semana.

 

A necesidade de arranxar o abastecemento do Grove leva sobre a mesa dende, polo menos, 2007; inda que nos últimos anos esta necesidade tense volto perentoria coas continúas avarías e incidentes provocados polo mal estado da conexión de augas que une o continente coa península do Grove. O máis preocupante é o cambio de discurso da actual consellería fronte ás anteriores, xa que anos antes se lle ofrecía unha axuda á Mancomunidade do Salnés para poder solucionar este problemas, mentres que no momento actual esta disposición parece que desapareceu.

 

A Mancomunidade do Salnés presentoulle na reunión da pasada semana tres proxectos á Xunta de Galicia. O ente autonómico indicou que debían priorizarse, sinalando como o fundamental a creación dun depósito de augas, mentres que dende a Mancomunidade e o Concello do Grove se insistía en que o prioritario era o abastecemento do Grove. A conselleira comprometeuse a entregar o anteproxecto de actuación que se estaba redactando, o que supuxo unha sorpresa, xa que se consideraba que —segundo declaracións anteriores— xa se estaba traballando no proxecto de execución da obra. Contar co proxecto de execución permitiría saber de xeito máis concreto o custo desta. Dende a Xunta instouse a Concello e Mancomunidade a que solicitasen axuda a outras administracións, a pesar de que, a día de hoxe, non se teñen datos dos fondos que serán precisos para esta actuación.

 

Por todo isto, as dúas preocupacións fundamentais en torno a este problema están en determinar o custo real do proxecto e a axuda que a Xunta de Galicia vai achegarlle a este. Na última reunión non se concretou nada ao respecto, malia que nunha xuntanza anterior na que estaba presente o delegado da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, se establecía un compromiso do 33% de financiamento autonómico. A sensación final é que a Xunta de Galicia non se manifestará ata ter os datos sobre a mesa e que a solución ao problema pasará pola busca de financiamento non autonómico.

Webcam en Directo

axenda

calendario
mes anterior novembro | 20 mes próximo
LMMXVSD
1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30

noticias

Rede de
bibliotecas

perfil do
contratante

portal de
turismo

boletín ADL

Apúntate ao noso boletín

boletín OMIX

Apúntate ao noso boletín

avisos sms

síguenos en
logotipo consellería innovación e industria logotipo Ministerio Industria, turismo y comercio logotipo FEDER

2020. Concello do Grove, Praza do Corgo nº 1 | T. 986 73 09 75 | F. 986 73 13 58
aviso legal | créditos | rss
páxina accesible AA rss