Saltar ao contido

Esta web utiliza cookies de terceiros para mellorar o servizo. Máis información no noso aviso sobre cookies.

Aceptar

O CONCELLO DO GROVE CELEBRA O DÍA DAS BIBLIOTECAS CON DIVERSAS ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DA LECTURA.

O Grove, 22/10/2024.-O Concello do Grove celebra o Día das bibliotecas con diversas actividades para o fomento da lectura na Rede de Bibliotecas.

Visitas ás bibliotecas escolares

O xoves 24 o persoal bibliotecario desprazarase ata a biblioteca do CEIP Valle-Inclán e o venres 25 á biblioteca do CEIP Conmeniño co obxectivo de achegar a biblioteca e a lectura aos mais pequenos. Estas visitas irán acompañadas de talleres relacionados coa animación lectora, contacontos en diferentes formatos e actividades relacionadas co conto lido.

A cabaza encantada

O Xoves 24 de outubro, ás 11.30 h na Axencia de Lectura de San Vicente, celebraremos o Día da Biblioteca coa rapazada do CEIP As Bizocas co espectáculo “A cabaza encantada” a cargo do TeatroCalavera.

Nesta ocasión o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa contaran a súa nova aventura.

A rodar historias

O venres 25 de outubro, ás 17.30 h, na Biblioteca Municipal do Grove ofrecerase o contacontos “A rodar historias” a cargo de Charo Pita. A narradora fará un repaso dos seus contos e doutros mais onde a risa, a tenrura e as sorpresas serán as verdadeiras protagonistas.

A actividade está dirixida a público infantil a partir de 5 anos e, para poder participar nela, é necesaria inscrición previa nas propias bibliotecas, no tfno. 986 732 341, no e-mail biblioteca [arroba] concellodogrove.es ou nas Redes Sociais.

Noite de Meigas, Curuxas e Bruxas

A Biblioteca Municipal do Grove celebra este ano a VI edición da actividade “Noite de Meigas, Curuxas e Bruxas” que terá lugar o 31 de outubro, de 20.00 a 00.00 h. A actividade contará con diferentes obradoiros, sesión de contos, música e outras sorpresas.

Está dirixida á rapazada de 5º e 6º de Educación Primaria. As prazas son limitadas e, para asistir, deberán realizar a inscrición na Biblioteca Municipal do Grove cubrindo o correspondente formulario.

Cartel

Todas as novas