Emprego
ESPAZO EMPREGO
Enderezo: Casa Consistorial, Praza do Corgo, 1, 2º andar. 36980 O Grove
Teléfono: 986 730 609//886 214 938
Correo electrónico: adlogrove@concellodogrove.es / orientacion.laboral@concellodogrove.es
Horario de atención: 9.00-14.00 h (de luns a venres)
O Departamento de Emprego do Concello do Grove está formado pola Axencia de Desenvolvemento Local e o Servizo de Orientación Laboral.
Obxectivo
Ser o punto de información e asesoramento ao demandante de emprego.
Colaborar coas empresas, centros de formación e entidades da comarca na difusión das ofertas de emprego e formativas.
QUE FACEMOS?
- Atención personalizada ao demandante de emprego.
- Confección de Curriculum Vitae (CV)
- Trámites co Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e o Servizo de Emprego Público Estatal (SEPE)
- Alta de demanda de emprego.
- Selado da demanda.
- Presolicitude da prestación, subsidio...
- Solicitude de citas.
- Inscrición en cursos Formación para persoas desempregadas e ofertas Buscador de ofertas de emprego do SPEG
- Instalación/actualización do MOBEM (aplicación para móbiles para realización do selado da demanda e solicitude de citas de orientación)
- Consulta de ocupacións solicitadas.
- Solicitude de informes.
- Acceso ao programa ACREDITA.Programa de acreditación de competencias profesionais
- Información sobre programas de inserción e práctica laboral: Programas de Cooperación, Obradoiros de Emprego, Programa de Garantía Xuvenil, Programa + Emprega, Programa + Provincia...
- Publicación e difusión de ofertas de emprego, cursos de formación e novas relacionadas co emprego a través das redes sociais Facebook Emprego O Grove
- Información e asesoramento sobre programas de fomento do autoemprego Oficina Virtual do Emprego Autónomo Polos de Emprendemento (Centros de acompañamento e asesoramento na posta en marcha dun proxecto empresarial).
- Información sobre a capitalización da prestación de desemprego para altas no Réxime de Autónomos Pago único do desemprego
- Solicitudes de citas previas en outras administracións vinculadas co emprego: SEPE, SPEG, Seguridade Social...
- Información sobre formación regrada Formación Profesional en Galicia
- Acceso ao emprego público Boletín de emprego público estatal.


