Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Elixido o chío gañador do I Concurso Chíos pola Igualdade

Fecha: 2014-03-06

"Un mundo no que non existe igualdade de xénero non pode ser considerado un mundo civilizado nin xusto."

 

Este foi o chío (tweet) gañador do primeiro concurso Chíos pola Igualdade, organizado pola Concellería de Igualdade do Concello do Grove coa colaboración das concellerías de Novas Tecnoloxías e Educación e do Servizo de Normalización Lingüística municipal, dentro das actividades conmemorativas do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

 

Segundo se recolle nas bases do concurso, a autora ou autor dispoñen dun prazo de 24 horas (ata as 15.30 h de mañá venres 07/03/2014) para enviar un correo electrónico cos seus datos á conta de correo igualdadeogrove8m@gmail.com co fin de identificarse e aceptar expresamente o premio. Se transcorrido ese prazo non houbese resposta, entenderase que renuncia ao premio.