Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de NN TT, Documentación e Patrimonio conmemora as Letras Galegas con diversas actividades

Fecha: 2014-05-09

 

Poesía, proxección cinematográfica, contacontos, feira do libro e actuacións musicais son algunhas das propostas

 

A Concellería de Novas Tecnoloxías, Documentación e Patrimonio conmemorará o Día das Letras Galegas con diversas actividades, que se organizarán desde principios de maio e ata o día 18 e que inclúen poesía, proxección de cine, bibliotroco, contacontos, feira do libro e actuacións de danza e música, entre outras propostas. O obxectivo “é ofrecerlle á cidadanía diferentes actividades coas que festexar e conmemorar o Día das Letras Galegas e, de paso, fomentar o hábito da lectura en galego. É importante apostar por defender o uso do noso idioma e da nosa identidade”. A programación inclúe actividades e propostas para todas as idades, que se levarán a cabo nas dúas bibliotecas da Rede e nas praza de Arriba e do Corgo.

 

Xosé María Díaz Castro na Rede. Unha das actividades que se realizarán para renderlle homenaxe a Xosé María Díaz Castro terá lugar na Rede. Do 1 ao 18 de maio publicaranse nos perfís das redes sociais da Rede de Bibliotecas do Grove fragmentos dos seus poemas, carteis, fotos, material audiovisual e divulgativo da súa obra.

 

Bibliotroco: compartindo lecturas. Do 1 ao 18 de maio nas dúas bibliotecas da Rede de Bibliotecas. As persoas interesadas deben achegarse ás bibliotecas para revisar os libros expostos e coller os exemplares que máis lles gusten. Así mesmo, poderán deixar outros libros que xa teñan lido.

 

Festa da Poesía. Dentro das actividades do taller “Coñecendo e gozando a biblioteca”, dedicaremos parte do mes de maio a contaxiarlles aos nenos e nenas o gusto pola poesía: lerán poemas, xogarán con eles, crearanos etc.

 

Cantacontos a cargo de Raquel Galavís

Biblioteca Municipal do Grove, 16 de maio ás 18.00 h

Para nenos e nenas de 3 a 99 anos. É necesaria inscrición previa.

 

Os cantacontos farannos bailar, cantar, contar e soñar ao ritmo da guitarra, do bater das palmas e do latexo do corazón. Unha actividade para compartir todos xuntos, participando cos pes, coas mans, cos propios ritmos... unha actividade que sen dúbida, non nos deixará indiferentes.

 

Letras Galegas

As actividades do sábado 17 de maio darán comezo coa Feira do Libro. A Asociación de Libreiros do Grove, coa colaboración da Concellería de NNTT, Documentación e Patrimonio, organizará una nova edición da Feira do Libro o sábado 17 de maio na Praza de Arriba, de 11.00 a 14.00 h. Ademais, haberá globoflexia, recortables e debuxos para a rapazada.

 

Xa pola tarde, esta vez na Praza do Corgo, será o momento do baile e o folclore galego. Cantodorxo e a Concellería de NNTT, Documentación e Patrimonio organizarán a IV Festa das Letras. Para os nenos haberá dous grandes inchables, mentres que a partir das 17.30 horas comezará a actuación da Asociación Cantodorxo. Os diferentes grupos de baile desta asociación interpretarán unha completa e variada mostra de baile galego co fin de entreter e deleitar o público asistente. Xa ás 20.30 h, a música correrá a cargo do grupo HABELASHAINAS, que ofrecerá un concerto folk.

 

O Apóstolo, proxección cinematográfica. O domingo 18 será a quenda do cine. A partir das 18:30 h proxectarase na Casa da cultura Manuel Lueiro Rey a película de animación O Apóstolo, con entrada libre para o público asistente.

 

A volta ao mundo en oito máquinas a cargo de Polo Correo do Vento

Axencia de Lectura de San Vicente, 24 de maio ás 11.30 h. É necesaria inscrición previa.

 

Conto ilustrado homenaxe a Jacques Tati, no que se realiza una maridaxe entre a narración e a ilustración: mentres o narrador conta a historia, o ilustrador realiza un mural relacionado coa historia que se relata. A actividade complétase cun mini-obradoiro de ilustración no que os asistentes aprenderán a debuxar os personaxes da historia guiados polo ilustrador. Finalmente, entre todos os nenos e nenas colorean as escenas do conto realizadas polo ilustrador.

 

Cartel actividades Letras Galegas 2014 >