Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

II Cross Escolar-Parque Forestal Illa da Toxa

Fecha: 2014-05-19

 

O CEIP Valle-Inclán, o Concello do Grove e o Club de Atletismo Ría de Arousa, coa colaboración do resto de centros educativos, organiza un cross escolar na Illa da Toxa o vindeiro domingo 8 de xuño. O obxectivo principal desta actividade deportiva é o de promover o exercicio físico e, en especial, o deporte do atletismo entre os rapaces e as familias nun marco ideal para a práctica, o parque forestal Illa da Illa Toxa. Asemade preténdese que sirva de xornada de convivencia entre o alumnado dos diferentes centros educativos.

 

BASES DO CONCURSO DE DEBUXO PARA O CARTEL DO “II CROSS ESCOLAR-PARQUE FORESTAL DA ILLA DA TOXA”

  • Participantes: alumnado de infantil e primaria dos centros do Grove.

  • Tema: debuxo, a toda cor, relacionado coa actividade da carreira e o monte da Toxa.

  • Tamaño: DIN A4

  • No debuxo constará o nome completo dos participantes, o curso e o colexio ao que pertence.

  • Recollida: recollerémolo o 23 de maio (o técnico de deportes do Concello pasará ese día polos centros).

  • O debuxo seleccionado polo comité organizador será a base promocional desta actividade, xunto cun agasallo en forma de material deportivo.