Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo de inscrición no Programa Madruga 2015-2016

Fecha: 2015-09-02

 

Como en anos anteriores, vaise desenvolver no colexio Valle-Inclán.

Permitirá conciliar os horarios laborais e escolares das familias do alumnado deste centro educativo.

O prazo remata o mércores 9 de setembro. 

 

O Concello do Grove, a través da Concellería de Educación, informa de que desde hoxe e ata o vindeiro mércores 9 de setembro estará aberto o prazo de inscrición no Programa Madruga 2015-2016, que vai ter lugar no CEIP Valle-Inclán durante o próximo curso escolar.  Este servizo municipal busca garantir a conciliación da vida laboral e familiar das familias participantes.

 

O horario de funcionamento do programa será desde as 7.30 horas ata o inicio da xornada escolar. Así, mentres agarda a hora do comezo das clases, o alumando participante no Programa poderá entreterse e aprender practicando xogos cooperativos, traballos manuais, actividades de lecer…

 

O seu prezo é 30 euros ao mes, aínda que tamén se poden adquirir bonos de dez días —2,5 euros por día— para utilizar en días soltos, dependendo das necesidades das e dos usuarios. 

 

As nais e os pais que queiran anotar os seus fillos neste servizo municipal poden presentar as súas solicitudes de inscrición no Rexistro do Concello, no baixo do novo edificio administrativo municipal situado no número 3 da rúa Cándido Acuña Blanco, ata o 9 de setembro.