Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello organiza unha saída de sendeirismo por Camariñas

Fecha: 2015-09-07

Coincidindo coa Semana Europea do Deporte, a Concellaría de Deportes organiza para o vindeiro sábado día 12 de setembro unha saída de sendeirismo por Camariñas.

 

A ruta partirá do Cemiterio dos Ingleses e rematará na vila de Camariñas. Pasará polos puntos que marcados do 14 ao 1 na imaxe de abaixo. Despois de camiñar,  comerase en Camariñas e, xa pola tarde, visitarase Muxía, onde están coa Festa da Barca para, sobre as 18.00 h saír de alí para regresar ao Grove.

 

 

A saída será desde a estación de autobuses do Grove ás 7.30 h e a chegada de volta está prevista sobre as 20.00 horas.

 

O prezo será de 22 € (10 bus e 12 a comida). As persoas interesadas poden inscribirse no tlf. 657 464 277 ou na oficina do técnico de deportes municipal, no segundo andar da Casa do Concello.

 

info>