Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Gran Hotel da Toxa acollerá o IX Encontro de Maiores do Concello do Grove

Fecha: 2015-10-23

 

 

O programa de actividades previsto para o día 15 de novembro inclúe música, baile, charlas e unha comida de confraternización.

 

O xa tradicional Encontro de Maiores do Concello do Grove celebrarase o vindeiro 15 de novembro na Illa da Toxa. O programa iniciarase ás 13.00 horas cunha misa solemne na capela da Toxa cantada pola Coral Polifónica da Asociación de Xubilados e Pensionistas (Axupen). Posteriormente, o grupo Cantodorxo ofrecerá bailes folclóricos e, xa no Gran Hotel da Toxa, o técnico do Concello do Grove Francisco Meis ofrecerá unha charla sobre a historia dos alcaldes do Grove desde o ano 1939. 

 

Estas actividades darán paso ao almorzo que terá lugar nos salóns do Gran Hotel da Toxa e, ao seu remate, haberá unha gran queimada amenizada pola actuación das pandeireteiras de Asxupen. A fin de festa corre a cargo do Dúo Prisma, encargado de lle poñer música ao baile. As persoas interesadas en participar neste evento poderán inscribirse na Casa da Terceira Idade do Grove.