Notificación da resolución da concesión dunha subvención para mellorar a iluminación e o equipamento do mercado municipal
Fecha: 2015-10-29
O Concello do Grove presentou no seu momento unha solicitude para acollerse á convocatoria para o ano 2015 da Orde do 31 de decembro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a concellos de Galicia para a mellora de mercados municipais e prazas de abastos, así como dos espazos do comercio non sedentario, cofinanciadas polo FEDER no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
Logo de ser examinada e avaliada a antedita solicitude, este concello acaba de recibir a notificación da Consellería de Economía e Industria mediante a que se lle comunica a concesión dunha subvención para a mellora da instalación eléctrica e do equipamento interior do mercado por un importe de 12.865,76 euros, o 70% do investimento total (18.379,66 €).