O Concello do Grove organiza unha xornada de formación sobre alérxenos destinada á hostalería
Fecha: 2015-10-30
A charla terá lugar o vindeiro 3 de novembro na Sala das Cunchas da Casa do Concello.
Logo da entrada en vigor do Regulamento 1169/2011 relativa á xestión dos alérxenos en alimentación hai xa máis dun ano, os hostaleiros seguen manifestando dúbidas no relativo á aplicación desta normativa. Deste xeito, e tendo en conta as demandas deste colectivo, o Concello do Grove organiza unha charla informativa onde os participantes poderán recibir información clara e completa do asunto e poderán presentar as súas dúbidas e inquedanzas.
A charla terá lugar na Sala das Cunchas da Casa do Concello o vindeiro martes 3 de novembro, de 18.00 a 19.30 horas, e grazas á colaboración de Calidaria, empresa destinada á formación e calidade alimentaria que conta cunha longa traxectoria e experiencia neste eido. O Concello do Grove agarda que estas actividades melloren o coñecemento do sector e acheguen tranquilidade nun tema tan sensible coma o das alerxias e intolerancias alimentarias.