Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Museo Marco de Vigo acollerá a presentación das XIII Xornadas da Centola

Fecha: 2015-11-18

 

O programa complétase con múltiples actividades que terán a centola como gran protagonista. A presidenta da Deputación e o alcalde de Vigo tomarán parte na presentación na Cidade Olívica.

 

O programa das Xornadas da Centola comeza a súa difusión logo de pechar a listaxe de establecementos colaboradores que participarán nelas. As actividades comezan este venres, 20 de novembro, cando ás 13.00 horas se realizará unha presentación aos medios de comunicación e a sectores relacionados. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silvia, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero serán os padriños de excepción deste evento.

 

A partir do sábado comezarán, polo tanto, as actividades propias destas Xornadas que teñen como obxectivo promocionar a Raíña do Marisco. Nesta ocasión, mantéñense as actividades das edicións anteriores: Concurso de centola Viva e a poxa das centolas gañadoras, ademais do recoñecemento á traxectoria de mariñeiros xubilados; pero tamén se engaden outras iniciativas como un festival de música, cantos de taberna, actividades infantís ou un maratón fotográfico. Durante os días laborais haberá visitas guiadas ao porto e á lonxa do Grove para coñecer as artes de pesca e as poxas da centola, as persoas interesadas deberán apuntarse na oficina de turismo (oftur@concellodogrove.es ou 986 731 415). 

 

Debe subliñarse a importante colaboración da Confraría de Pescadores neste evento que permitirá, sen dúbida, unha boa promoción para a centola do Grove como produto de calidade. 

 

 

XIII XORNADAS GASTRONÓMICAS DE EXALTACIÓN DA CENTOLA DO GROVE

 

21 de novembro

13.00 horas. Inauguración das Xornadas da Centola na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove

 

26 de novembro

17.00 horas.  Concurso de Centola Viva. Na lonxa de contratación do Grove

 

27 de novembro

12.00 horas. Poxa das centolas gañadoras do Concurso de Centola Viva. Na praza da abastos do Grove

 

28 de novembro

10.30 horas. Concentración de confrades e entidades gastronómicas na praza do Corgo. A continuación recepción ás confrarías na Casa do Concello. Desfile das confrarías participantes ata a Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e celebración solemne do XXIII Capítulo da Confraría do Centolo Larpeiro.

 

29 de novembro

Cantos de Taberna Centoleira. Nos establecementos colaboradores, ás horas centrais do día

 

4 de decembro

22.00 horas. Concurso Centolo Rock 2015

 

5 de decembro

18.30 horas. Concurso aberto de cociña creativa Picoteo de Centola. Planta baixa da Casa do Concello

 

6 de decembro

Cantos de Taberna Centoleira. Nos establecementos colaboradores, ás horas centrais do día.

Maratón Centolográfico.

 

7 de decembro

Centolo Park, actividades infantís

 

8 de decembro 12. 00 horas. Acto de entrega dos premios dos concursos de centola e recoñecemento á traxectoria de dous mariñeiros xubilados do Grove