Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca a veciñanza a unha charla informativa sobre o PXOM e os novos proxectos

Fecha: 2015-12-01

 

Terá lugar mañá mércores, ás 20.00 h na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Cumprindo co compromiso do Grupo do Goberno coas veciñas e cos veciños do Grove, mañá mércores 2 de decembro comezarán as charlas informativas para expoñer os procesos postos en marcha ata o de agora no relativo ao PXOM. Logo de lles presentar o avance aos grupos da oposición, os membros do equipo do goberno quérenlles presentar a liña de traballo á veciñas do Grove.

 

Na charla, que se celebrará mañá na Casa da Cultura, tamén se dará cumprida conta dos proxectos que a Deputación de Pontevedra ten aprobado na modificación dos fondos que estaban destinados ao Centro de Interpretación da Carpintería de Ribeira (Cicri). Trátase dunha serie de obras e proxectos que serán postos en marcha nas vindeiras semanas e que lles serán explicados polo miúdo aos cidadás.

 

 

Contratación dun apoio técnico

 

A Xunta de Goberno Local acaba de aprobar as bases para a contratación dunha consultora técnica de apoio aos traballos de elaboración do PXOM. Segundo se explicou en charlas informativas anteriores, o peso do traballo recae no persoal de Urbanismo do Concello, pero é preciso un apoio técnico para o manexo da documentación e os procedementos administrativos do PXOM. Por esa razón, e cos fondos destinados inicialmente pola subvención da Xunta, realizarase esta contratación, que se agarda que sexa efectiva nunhas semanas.