Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove publica as bases do desfile de carrozas para a Cabalgata de Reis

Fecha: 2015-12-01

 

 

O premio de participación auméntase en 100 euros con respecto aos anos anteriores. As asociacións e colectivos interesados en participar poderán inscribirse ata o 30 de decembro.

 

Como vén sendo habitual, o Concello do Grove convoca os colectivos e asociacións culturais a que colaboren na Cabalgata de Reis. Para este fin acaban de aprobarse unhas bases que regulan a participación e recollen a achega económica prevista para que estes colectivos poidan elaborar as carrozas.

 

No desfile poderán participar todas aquelas asociacións, entidades sen fin de lucro e colectivos do municipio que o desexen, logo de se inscribiren segundo o establecido nas bases. As solicitudes deberán presentarse, antes do 30 de decembro, no Rexistro do edificio administrativo municipal, situado na rúa Cándido Acuña, 3. Cada carroza inscrita recibirá un premio de 300 euros pola participación, o que supón un incremento de 100 sobre o anterior.

 

Desde o Concello do Grove anímase á participación das asociacións e entidades locais para poder acompañar as Súas Maxestades de Oriente na visita que farán ao Grove o vindeiro 5 de xaneiro, contribuíndo a incrementar a maxia e a ilusión que estas datas supoñen para a xente máis miúda da casa.