Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello inaugura a mostra de traballos participantes no Concurso de Pintura Ernesto Goday

Fecha: 2016-01-15

 

A inauguración tivo que ser aprazada ata en dúas ocasións por coincidencia con outras actividades.

 

Este sábado ás 12.30 horas inaugúrase na Sala das Cunchas e na Sala das Dornas da Casa do Concello a mostra de traballos participantes no concurso de pintura Ernesto Goday. Trátase de 19 pinturas axustadas á temática do certame (paisaxe natural e urbana) onde priman as referencias mariñeiras. As obras foron presentadas dentro do prazo establecido, que rematou o pasado 30 de setembro, e aínda que a inauguración da mostra estaba prevista para hai case un mes, a intensa actividade cultural da vila fixo recomendable adiar o acto para que este importante certame tivese todo o protagonismo que merece.

 

Con esta van xa tres edicións do evento pictórico, que pretende ser unha homenaxe ao artista Ernesto Goday Caamaño. A persoa gañadora recibirá un galardón de 1.000 euros e a súa obra quedará en depósito do Concello como parte do patrimonio local. 

 

O xurado realizará o seu labor nas vindeiras semanas, coa novidade de que este ano revisará as obras directamente expostas nas salas da Casa do concello, o que permitirá, sen dúbida, a súa mellor valoración e goce.