Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello volve bater récords de reciclaxe

Fecha: 2016-01-19

O Grove triplica o ratio medio de reciclaxe en España chegando aos 34,3 quilos por habitante ao ano no referido ao papel e cartón, duplica o referido a envases lixeiros e supera en máis de tres puntos a media no referido a vidro.

 

Os datos anuais de reciclaxe correspondentes ao ano 2015 volven a situar O Grove na primeira liña. Os veciños e veciñas do Grove teñen reciclado unha media de 34,3 quilos de papel e cartón por habitante, o que supón tres veces máis que a media de España, que se atopa en 14,7 quilos por habitante ao ano. No ano 2015 recolléronse 372.230 quilos, incrementando así un 6,02% con respecto ao ano 2014, cando se recolleran 351.100 quilos e un 6,90% no referido a 2013, con 348.200 quilos.

 

No relativo ao vidro, o incremento para o período 2013-2015 supón un 5,80%, pasando das 384,41 toneladas recollidas en 2013 ás 406,69 coas que remata 2015. Isto sitúa a taxa de reciclaxe nos 37,48 quilos por habitante ao ano, superando o ratio medio da Comunidade Autónoma que máis recicla (Illas Baleares), que chega aos 31,1 quilos por habitante ao ano.

 

Finalmente, en canto aos envases lixeiros (os que se recollen no colector amarelo), no ano 2015 produciuse un aumento do 0,93% con respecto ao ano anterior, que rematara cun notable incremento do 5,08% sobre 2013. Deste xeito, no período 2013-2015 conseguiuse aumentar un 6,06% e fai que O Grove chegue a 24,41 quilos por habitante ao ano, o que supón que duplique o ratio medio de reciclaxe deste material en España, situado en 24,41 quilos por habitante ao ano (situado en 12,3).

 

Trátase de datos moi positivos e concrétase en que O Grove recolleu selectivamente unha cantidade superior as 1.043 toneladas de residuos, un 3,43% máis que no ano anterior e un aumento do 6,25% con respecto a 2013. A taxa final de reciclaxe por habitante e ano para o concello do Grove chega aos 96,19 quilos por habitante ao ano. Un bo ritmo de crecemento que anima a seguir traballando neste sentido, sendo fundamental a colaboración cidadá para que o sistema manteña este bo funcionamento. 

 

Táboa. Evolución dos datos de recollida selectiva (Quilogramos)

CONCEPTO

2013

2014

2015

Papel-cartón

348.200

351.100

372.230

Vidro

384.410

395.665

406.690

Envases lixeiros

249.700

262.380

264.820