Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello ocupa o valo do CICRI con publicidade da Festa do Marisco 2016

Fecha: 2016-02-05

 

O cartel da Festa foi colocado onte e permanecerá ata o fin desta.

 

O valo situado na praza do Corgo que ata agora se atopaba ocupado con información sobre o proxecto do Centro de Interpretación da Carpintería de Ribeira (CICRI) acaba de ser substituído polo da Festa do Marisco deste ano. Este cambio foi realizado logo de coñecer que o cartel en cuestión supuxo un custo de máis de 4.000 euros para as arcas municipais, feito que facía aconsellable o seu aproveitamento.

 

A posibilidade de colocar información dinámica (programación, eventos…) tamén foi desbotada debido a que os custos de colocación superaron o do material sendo, polo tanto, a mellor opción a da colocación da publicidade da Festa do Marisco, que ten unha vixencia de case nove meses. A nova cartelería levaba xa tempo agardando a ser colocada debido ás malas condicións meteorolóxicas, e finalmente puido ser colocada onte.

 

Presentación da Festa

 

O Concello do Grove tamén solicitou recentemente a colaboración da Axencia Galega de Turismo para apoiar o evento de presentación internacional da Festa do Marisco. Esta presentación é un requisito imprescindible para poder optar á categoría de Festa de Interese Turístico Internacional e preténdese que nesta edición poida ser organizada con máis antelación.