Axuda económica a través da tarxeta benvida para as familias con fillos e fillas nados no ano 2016
Fecha: 2016-02-08
Normativa
Orde do 22 de decembro de 2015 (DOG nº 248 do 30/12/2015)
Persoas beneficiarias e requisitos
Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2016.
Tipos de axuda e contías
Con carácter xeral, a contía total da axuda será de 1.200 € a razón de 100 €/mes durante o primeiro ano de vida do fillo ou filla. No caso de adopción o dereito á percepción da axuda producirase desde o mes en que se constitúa a adopción e ata que o neno ou nena faga un ano.
A axuda farase efectiva a través da tarxeta benvida. Esta tarxeta só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados e tendas de alimentación.
Documentación
Documentación específica:
-
Copia do libro ou libros de familia da unidade familiar ou, de ser o caso, as certificacións correspondentes expedidas polo Rexistro Civil.
-
Copia da resolución xudicial ou administrativa que declare a adopción, só no caso de non autorizar a súa consulta ou cando se trate de adopcións non formalizadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
-
Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar.
-
Anexo II, cuberto e asinado pola persoa proxenitora que non apareza como solicitante, de ser o caso.
-
Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
-
Copia do DNI ou NIE da persoa proxenitora que non apareza como solicitante das axudas, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
-
Copia da declaración do IRPF do ano 2014 da persoa solicitante e da proxenitora que non apareza como solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Na solicitude deberá figurar obrigatoriamente un teléfono móbil para os efectos de activar a tarxeta benvida. A activación será efectiva unicamente desde o número de móbil que se faga constar na solicitude.
No suposto das solicitudes presentadas por vía electrónica, deberase presentar unha copia dixitalizada dos documentos necesarios indicados.
Lugar de presentación:
-
Servizos Sociais Comunitarios (edificio administrativo, 2º andar)
Prazo de presentación de solicitudes:
Dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se produce o nacemento