Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello pon en marcha un amplo programa para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

Fecha: 2016-03-04

 

As actividades están en marcha desde o 26 de febreiro e ocuparán as vindeiras días semanas. 

 

A importancia da loita para conseguir a igualdade require  dun traballo arduo durante todo o ano, porén, o Día Internacional da Muller Traballadora, que se celebra o 8 de marzo, resulta unha data de especial interese para chamar a atención sobre a problemática actual e tentar marcar avances nela.

 

Deste xeito, o Concello do Grove deseñou unha programación que foi configurada a través das achegas do Consello Local de Igualde e do traballo do Centro de Información á Muller (CIM). As actividades xa comezaron o pasado 26 de febreiro coa exposición das fotografías participantes no Concurso de Fotografía da Muller Traballadora,  que pode visitarse na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.

 

Ademais, do 7 ao 19 de marzo a veciñanza poderá visitar a exposición “Ela é arte” na Sala das Cunchas do Concello, con obras elaboradas exclusivamente por mulleres. O xoves día 10, neste mesmo espazo, terá lugar ás 18.00 horas a presentación do libro A cor violeta dos polbos, xurdido do traballo elaborado polo CEIP Valle-Inclán e que introduce a xente máis nova en cuestións relativas á igualdade.

 

O venres 11 ás 19.00 horas presentarase o documental Fíos fóra da man de Illa Bufarda e, ao día seguinte, sábado 12, terá lugar a entrega dos Premios Meca 2016 na Casa da Cultura.  Pero incidindo na idea de prolongar o traballo  en igualdade máis alá da data sinalada, o venres 18 ás 19.00 horas terá lugar un faladoiro baixo o título “Da centralidade do emprego á centralidade da vida”, que será conducido por Mari Fidalgo e Leticia Castro.

 

Xa o xoves 31, entre as 17.00 e as 20.00 h, poñerase en marcha o obradoiro “A dirección da vida en tempos convulsos”, conducido por Rebeca Raso Praceres. A inscrición a este obradoiro pode facerse a través do CIM (dinamizacim@gmail.com). 

 

Así pois, o Concello convida a toda a veciñanza a participar neste programa que tenta contribuír á divulgación da igualdade e a combater os problemas de xénero.