O Grove entrega os Premios Meca 2016
Fecha: 2016-03-11
A Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey acollerá mañá sábado ás 20.00 horas o acto de entrega dos Premios Meca 2016. O acto será presentado pola xornalista Cristina García e contará coas actuacións de alumnos e alumnas da Escola de Música do Grove que interpretarán varias pezas musicais. A compañía de baile Va´lontano presentará dúas novas pezas de danza contemporánea.
Os galardoados nesta edición son a investigadora Olga Ochoa e a Asociación Anduriña que estarán presentes para recoller o seu premio e que compartirán cos presentes a súa experiencia de integración e igualdade. O Concello do Grove anima aos veciños e veciñas a asistir este acto que terá entrada libre ata completar aforo.