Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello convoca unha reunión para informar da renovación de licenzas das colareiras

Fecha: 2016-03-30

A reunión celebrarase hoxe mércores ás 20.30 horas na Sala das Cunchas da Casa do Concello.

 

As licencias de venda de colares tanto na zona da Illa da Toxa como no porto do Grove, concedidas segundo o regulamento aprobado no ano 2010, sométense neste ano ao correspondente proceso de renovación. Co fin de informar adecuadamente as persoas interesadas (actuais concesionarias desta licenza) hoxe mércores terá lugar unha reunión en que se informará sobre o procedemento administrativo preciso para poder contar coa perceptiva renovación. 

 

Lémbrase que a concesión de venda de colares se realiza segundo unha ordenanza específica que perseguía a conservación da profesión como actividade tradicional do Grove. O cambio das concesións está limitado, polo tanto, aos familiares directos das persoas titulares e tamén ao cumprimento da referida normativa.