Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Éxito dos obradoiros de cociña para a mocidade

Fecha: 2016-04-15

 

O curso rematou esta semana e xa se demandaron novas edicións para a mellora das destrezas adquiridas. 

 

Un total de 15 de mozos e mozas do concello de entre 12 e 18 anos participaron no obradoiro de cociña que se puxo en marcha no mes de xaneiro. O curso rematou esta semana cun alto nivel de satisfacción por parte dos asistentes, que tiveron a oportunidade de aprender a elaborar diferentes pratos doces e salgados baixo a tutela do cociñeiro Paco Caneda. Para rematar o curso, os propios estudantes ofreceron unha degustación dos pratos aprendidos na instalacións da Lanzada.

 

O curso desenvolveuse precisamente nas cociñas do Centro Vacacional da Lanzada, que foron postas á disposición do Concello por parte da Deputación de Pontevedra. Desde o ente provincial mantense a total dispoñibilidade deste espazo para continuar a organizar obradoiros e cursos deste tipo, que contan cunha grande aceptación.