O Concello do Grove convoca para este mes un curso de protocolo dirixido á hostalería
Fecha: 2016-04-18
As clases desenvolveranse na Confraría de Pescadores.
As persoas interesadas xa poden inscribirse no curso de protocolo que organiza o Concello do Grove a través do Centro de Información á Muller (CIM). Trátase dun curso de 12 horas impartido en catro sesións de tres e que se impartirá entre o 26 e o 29 de abril en formato de obradoiro no que se busca poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
O horario das clases está previsto de 9.30 a 12.30 horas, inda que este pode ser variado en función da demanda. O curso será impartido por María Montero, profesora asociada de Publicidade e Relacións Públicas da Universidade de Vigo.