Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Margarita Ledo presentará no Grove o seu documental ‘A cicatriz branca’

Fecha: 2016-05-05

 

 

O último traballo de Ledo proxectarase na Casa da Cultura dentro do programa Cinemas de Galicia. 

 

O vindeiro sábado ás 20.00 horas terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey unha nova sesión do programa Cinemas de Galicia. Nesta ocasión trátase do traballo documental A cicatriz branca, que narra a historia das mulleres que emigraron soas desde Galicia a América. O filme, dirixido por Margarita Ledo Andión, será presentando por ela mesma, quen tamén estará dispoñible para realizar un coloquio cos asistentes tras a proxección.

 

Margarita Ledo, na actualidade profesora de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, conta cun amplo currículo vencellado á cultura e ao audiovisual galego. É membro da Real Academia Galega e unha persoa de referencia no panorama intelectual da nosa comunidade.

 

Lembramos que esta é a terceira proxección do programa de Cinemas de Galicia e que o prezo da entrada é de 3 euros. 

 

Máis información sobre o documental>