O Concello do Grove outorga a licenza para as obras da escola infantil de Rons
Fecha: 2016-05-12
Logo das demoras rexistradas na elaboración do proxecto por parte do Consorcio responsable do edificio, esta semana o Concello do Grove puido outorgar a licenza a través da Xunta de Goberno Local para comezar as obras de reforma da escola infantil de Rons. Trátase dunhas obras de grande urxencia e necesidade que xa foran comprometidas pola Xunta de Galicia hai meses e que supoñen paliar deficiencias nestas instalacións.
A licenza puido ser outorgada logo de que se tramitaran os oportunos expedientes de Patrimonio e, tal e como informou a propia Consellería, os traballos suporán un investimento de 376.000 euros. Do mesmo xeito, a partir de agora será preciso organizar a correspondente reunión cos pais para abordar os prazos das obras e, polo tanto, a xestión durante ese período.