Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Grove celebra o día dos Museos cunha xornada de Portas Abertas na Salga

Fecha: 2016-05-19

 

O día Internacional dos Museos, que se conmemora cada ano o 18 de maio será celebrado polo Concello do Grove a vindeira fin de semana. Deste xeito búscase a maior asistencia posible de xente para coñecer o espazo museístico por excelencia do Grove: A Salgadeira de Moreiras. Durante toda a xornada do día 21 de maio as portas do museo permanecerá abertas entre 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas con entrada libre para que todos os veciños e veciñas e visitantes poidan gozar deste espazo e do seu contido. 

 

Lembramos que este espazo está composto por dúas edificacións (salgadeiras) musealizadas situadas en Punta Moreiras, zona costeira pertencente á parroquia de San Vicente e xusto en fronte da bocana do Porto de Meloxo, onde se sitúa o importante porto bateeiro do municipio. Esta zona comprende, ademais, o Esteiro de Moreiras, enorme areal que queda totalmente descuberto na baixamar e que conta cun interesante paseo perimetral que permite chegar á súa outra beira. Esta fermosa paisaxe é cumprimentada, polo tanto, coa visita a un centro de interpretación onde a pesca, a conserva, e a salga amosan os seus segredos.