Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Pleno do Concello nomeará a Manuel Lueiro Rey ‘Fillo Adoptivo do Grove’

Fecha: 2016-05-20

Segundo o anunciado nas pasadas semanas, o Pleno do Concello do Grove abordará na súa sesión do mes de maio o nomeamento de Manuel Lueiro Rey como “Fillo Adoptivo do Grove”. Esta homenaxe supón un elemento máis dentro de todas as actividades e iniciativas previstas para a celebración do seu centenario e implica pagar unha débeda histórica co escritor máis universal das terras mecas.

 

Para a proposta deste nomeamento elaborouse unha memoria (pode descargarse máis abaixo) que xa lles foi remitida a todos os grupos políticos para posibilitar que o 30 de maio o Pleno poida renderlle esta merecida homenaxe a Manuel Lueiro Rey. 

 

Memoria >