O Grupo de Goberno proponlle ao Pleno a retirada de honores ao ditador Francisco Franco
Fecha: 2016-05-20
En cumprimento da moción pola Memoria Histórica aprobada polo Pleno do Concello do Grove en novembro de 2008, o Grupo de Goberno acaba de presentar unha moción para o vindeiro Pleno na que se solicita a retirada dos honores que no ano 1949 lle foron outorgados ao ditador Francisco Franco. En concreto, tratábase do nomeamento de “Fillo Predilecto”, “Alcalde Honorario” e a concesión da Medalla de Ouro do Grove. Deste xeito preténdese irlle dando cumprimento á Lei da Memoria Histórica e á propia moción.
Texto íntegro da moción>