O Concello acolle unhas xornadas de dinamización da estratexia do GALP
Fecha: 2016-05-26
Con motivo da concesión de axudas GALP Ría de Arousa cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e a Consellería do Mar, convócanse unhas xornadas de dinamización para dar a coñecer as axudas, para o período 2014-2020, dotadas dun orzamento de máis de 5.588.443,91 €.
Estas axudas están destinadas a dous tipos de proxectos:
- Produtivos: as actividades que supoñan a realización dunha actividade económica, tendentes a produción de bens ou servizos e que supoñan unha creación e/ ou mantemento de emprego.
- Non Produtivos: os que supoñan o inicio dunha actividade e /ou non esten afectos a unha actividade económica.Proxectos de interese público.
Para poder ser beneficiario das axudas débense cumprir os seguintes requisitos:
- Estar empadroados ou ter o seu domicilio social e fiscal en algún concello do ámbito territorial do GALP Ría de Arousa.
- Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial excepto os proxectos de colaboración con outros GALP.
Todos os proxectos deberan poder incluírse nalgunha das liñas estratéxicas do GALP para ser selecionados. A estratexia do GALP Ría de Arousa está comprendida en 6 grandes obxectivos:
- Mellora da competitividade do sector pesqueiro de forma sostible.
- Novas oportunidades a partir da Diversificación Económica: Turismo Mariñeiro etc.
- Aproveitamento sostible do patrimonio medioambiental das zonas costeiras.
- Fomento do benestar social e do patrimonio cultural.
- Acadar maior implicación do sector pesqueiro no desenvolvemento sostible das zonas costeiras.
- Fomento da cooperación.
Estes grandes obxectivos teñen como finalidade acadar un desenvolvemento xeneralizado da zona mediante a xeración de emprego e o apoio a aqueles proxectos innovadores que aporten riqueza no territorio. Tamén pretendese atraer a mocidade para que encontre no territorio expectativas reais de futuro e darlle un maior protagonismo as mulleres, e en particular as mulleres do mar.
As xornadas terán lugar o vindeiro martes 31 de maio, ás 18.30 h na Sala das Cunchas da Casa do Concello do Grove.
Máis información na web: www.accioncosteira.es