As praias do Grove, excelentes
Fecha: 2016-05-27
A Consellería de Sanidade acaba de facer públicas as clasificacións sanitarias finais das zonas de baño para a tempada 2016. No relativo ao Concello do Grove, das 21 praias do municipio, 20 contan con cualificación de excelentes e 1 de boa. Trátase da confirmación a coñecida calidade das praias grovense, calidade que se reflicte nesta boa calidade das augas, na limpeza, nos servizos e as impresionantes condicións naturais dos areais da península.
Segundo a normativa vixente, durante a tempada de baño as administracións públicas teñen a obriga de informa e difundir ao público interesado “de forma activa, rápida e a través de mecanismos de fácil acceso nas inmediacións de cada zona de augas de baño a clasificación sanitaria e calquera prohibición de baño ou recomendación de absterse mediante unha sinalización sinxela e clara”. O Concello do Grove xa está traballando para que a información en todas as praias sexa este ano o máis completa e precisa posible. A continuación incluímos a táboa de cualificación da calidade das augas en cada praia:
|
Código |
Zona de Baño - Punto de Mostraxe |
Clasificación sanitaria |
|
|
O Grove |
360220804 |
Ponte da Toxa |
Boa |
|
|
360220812 |
Rons |
Excelente |
|
|
360220862 |
Lavaxeira |
Excelente |
|
|
360220889 |
Area das Pipas |
Excelente |
|
|
360220892 |
Mexilloeira |
Excelente |
|
|
360220912 |
Area Grande – O Grove |
Excelente |
|
|
360220929 |
A Barcela |
Excelente |
|
|
360220939 |
Barreiriño |
Excelente |
|
|
360220942 |
O Carreiro |
Excelente |
|
|
360220979 |
Barreiro |
Excelente |
|
|
360221009 |
Con Negro |
Excelente |
|
|
360221032 |
A Barrosa |
Excelente |
|
|
360221049 |
Farruco |
Excelente |
|
|
360221052 |
Burato da Londra |
Excelente |
|
|
360221062 |
O Espiño |
Excelente |
|
|
360221072 |
O Portiño |
Excelente |
|
|
360221089 |
Seixeliño |
Excelente |
|
|
360221094 |
Area da Cruz |
Excelente |
|
|
360221112 |
Raeiros - Paxareiro |
Excelente |
|
|
360221124 |
A Lanzada |
Excelente |
|
|
360222009 |
Area de Reboredo |
Excelente |