Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O cartel da Festa Marisco da Praza do Corgo volve a lucir completo

Fecha: 2016-05-27

Logo de que o cartel da Festa do Marisco do 2016 colocado no valo de grandes dimensións da Praza do Corgo sufrira danos por mor do mal tempo, esta semana foi substituído. O arranxo resultou máis custoso do agardado, xa que o valado que anteriormente contiña unha imaxe do CICRI presentaba un problema grave derivado de que non era material novo, senón que, como puido observarse durante as tarefas de reparación, se trata dun valo reutilizado que tiña tres capas previas. 

 

Foi precisamente este excesivo peso dos materias o que condicionou que o novo cartel non aguantase o mal tempo destes meses. Ante este feito, realizouse unha limpeza máis profunda dos materias do valado e colocouse un novo cartel, esta vez de vinilo. O Concello destaca o interese de contar con publicidade da Festa do Marisco na zona do Corgo polo amplo número de visitantes que pasan a diario por esta zona.