O Concello abre o prazo de inscrición para os Campamentos Deportivos de verán
Fecha: 2016-06-10
O Concello acaba de abrir o prazo de inscrición para participar nos Campamentos Deportivos de verán que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto. Estes campamentos están dirixidos a rapaces e rapazas nados entre os anos 2002 e 2008 e terán un custo de 35 euros ao mes ou 20 euros por quincena.
Os rapaces e rapazas que participen nestes campamentos poderán practicar piragüismo, baloncesto, fútbol, balonmán, sendeirismo, remo, voleibol, xogos populares e outros deportes alternativas, facendo así que experimenten as distintas disciplinas que se practican no Grove e que poidan atopar as que máis lles agraden. Trátase, ademais, de actividades ao aire libre e permitirán, polo tanto, que a rapazada conte con actividades saudables de lecer.
Establécense dúas quendas de horarios, de tal xeito que os rapaces nados entre 2006 e 2008 poderán asistir os luns, mércores e venres de 10.45 a 13.30 horas, e os nados entre 2002 e 2005 terán sesións os martes, xoves e sábados no mesmo horario.
A organización deste campamento é posible grazas á colaboración da Asociación do Deporte Meco (ADM) e para inscribirse tan só é necesario facilitar unha serie de datos básicos a través dos teléfonos: 630 261 146 / 617 383 780 / 607 504 261.