O Concello saca a concurso a explotación da cafetería da Festa do Marisco
Fecha: 2016-06-10
Dentro dos avances para preparar a Festa do Marisco de 2016, a vindeira semana comezará o prazo para que todas aquelas persoas interesadas poidan presentar as súas ofertas ao concurso de explotación da cafetería da Festa do Marisco. O prego de condicións estará dispoñible na páxina web do Concello e nas dependencias municipais, establecéndose un prezo de partida de 6.000 euros. A explotación deste servizo poderá realizarse durante os días da festa, do 6 ao 16 de outubro.