A Escola de Musica do Concello do Grove realizará as súas audicións a vindeira semana
Fecha: 2016-06-17
A Escola Municipal de Música do Concello do Grove pechará o curso coas audicións das alumnas e alumnos destinadas a que as familias comproben os avances conseguidos no ano académico. As audicións terán lugar entre o 20 e 21 de xuño nos colexios en que as alumnas e os alumnos tiveron que rematar o curso por mor das obras levadas a cabo no edificio do Monte das Flores.
A despedida deste curso realízase co compromiso de preparar unha grande actuación para “inaugurar” o novo edificio no mes de setembro, buscando unha vez máis que as nais e os pais tamén participen e coñezan a escola e as clases ás que acoden as súas fillas e fillos.