Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove remata o balizamento das praias

Fecha: 2016-06-23

O operativo de praias xa se atopa en funcionamento e cóntase coa súa apertura a partir do 25 de xuño. Entre as moitas medidas adoitadas, o Goberno local acaba de revisar o balizamento das praias. Este balizamento tiña un custo anual de 45.000 euros, mais a partir deste ano comprouse o material por valor de 23.000 euros, polo que o seu custo por montaxe e mantemento anual se vai reducir a 14.000 euros.

 

A colocación do balizamento foi rematada hoxe. Tamén se comezou coa limpeza a fondo dos areais e coa distribución do persoal de socorrismo. Lembramos que esta ano a praia da Lanzada comeza cun plan pioneiro en materia de medioambiente que coloca este areal á vangarda da conservación. A recollida do lixo non se realizará sobre a area, senón que se informará aos visitantes que deberán levar de volta os desperdicios aos colectores das entradas á praia. Trátase dunha dinámica semellante á que existe nas Illas Cíes e que contribuirá notablemente á mellora do ecosistema, sobre todo por evitar o excesivo paso de máquinas de limpeza que poden chegar a ter impacto nas dunas.

 

Ademais do anterior, tamén se informa aos usuarios de que a recollida de algas non se contempla como recollida de lixo, xa que estas forman parte da contorna das praias e deben ser retiradas con coidado e sen exceso, pois esta práctica levou a unha notable diminución das especies destas plantas mariñas, co conseguinte risco medioambiental que isto implica. Todas estas medidas contribúen a que as praias do Grove manteñan o seu nivel de excelencia, ademais de seren referentes como espazos protexidos de explotación sostible.