Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acollerá en agosto un curso de monólogos na rúa dentro do programa Depo Rúarte

Fecha: 2016-07-11

Dentro do programa de dinamización xuvenil Depo Rúarte posto en marcha pola Deputación Provincial de Pontevedra, O Grove porá en marcha un curso de monólogos na rúa. Trátase dunha actividade dirixida á poboación xuvenil de 14 a 30 anos que poderá ser aberto a outras idades no caso de que queden prazas dispoñibles. A duración do curso será de 25 horas distribuídas ao longo do mes de agosto polo que se perfila coma unha actividade moi adecuada para compatibilizar co lecer das rapazas e rapaces.

 

Dentro dos contidos do curso está previsto que quen participe adquira coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre a elaboración de monólogos. Tamén se traballarán técnicas de control para falar en público e poder así exercitar o lado máis artístico e creativo para a elaboración de monólogos.

 

As persoas interesadas en participar tan só terán que presentar a fotocopia do DNI e a solicitude de participación e, no caso de seren menores de 18 anos, a correspondente autorización materna ou paterna. A documentación precisa poderá recollerse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no edificio administrativo. Tamén se poden descargar os modelos das solicitudes da web www.depo.es/es/depo-ruarte/participa. O prazo de presentación xa está aberto.

 

Cartel>