Cambio datas do Curso Monólogo na Rúa
Fecha: 2016-07-28
O Curso de Monólogo na Rúa organizado pola Deputación Provincial a través do Programa DepoRúarte, coa colaboración do Concello do Grove, aprázase para o mes de setembro, do 1 oa 15.
O prazo de inscrición etará aberto ata o 22 de agosto.
Lembramos que o curso pode solicitalo calquera persoa maior de 12 anos, e ten prioridade quen teña de 12-30.
O modelo de inscrición e a autorización de participación (para o caso dos menores de idade) poden recollerse na OMIX (2º andar do edificio administrativo) ou descargalos da web da Deputación e entregala na OMIX (986 730 609, omix@concellodogrove.es).