Comeza o asfaltado da zona do Porto de Meloxo
Fecha: 2016-08-03
Asfaltarase a vía que vai desde o local da asociación de veciños ata o porto.
Onte 2 de agosto comezaron os traballos de asfaltado da zona do Porto de Meloxo. Arranxarase o total da estrada, comezando na zona en fronte do local da asociación de veciños e continuarase ata as instalacións portuarias. Trátase dunha zona pertencente a Portos de Galicia que se atopa agora mesmo en moi mal estado debido á gran cantidade de tráfico pesado que percorre esta estrada.
Os traballos prolongaranse durante varios días e realizarase un desvío de tráfico polas vías alternativas, polo que se solicita a colaboración cidadá para evitar problemas de circulación nestes poucos días.