O Concello inaugura unha exposición de imaxes da Toxa nunca vistas no Grove
Fecha: 2016-08-04
Grazas ao traballo do investigador local Francisco Meis, foi posible recompilar 30 imaxes inéditas.
Mañá, venres, ás 20.00 horas a Sala das Cunchas do Concello do Grove acollerá a inauguración da exposición de fotografía “A Toxa: imaxes inéditas”. Trátase de 30 imaxes recollidas do Arquivo do Museo de Pontevedra, do Arquivo Pacheco en Vigo e do Arquivo do Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid que non son coñecidas no noso Concello e que achegan novos puntos de vista da illa meca.
Desde o esplendor do Gran Hotel e os seus visitantes ata escenas máis cotiás dos traballadores da illa, pasando por episodios históricos como a acollida dos “nenos da guerra”, as imaxes recompiladas estarán á disposición dos visitantes ata o vindeiro 4 de setembro na Sala das Cunchas e a Sala das Dornas da Casa do Concello.
Todas as imaxes contan cunha gran calidade e bo estado de conservación, o que fai que estas pezas resulten inda máis valiosas. O Concello do Grove tense encargouse de mercar os seus dereitos, polo que pasarán a formar parte do patrimonio municipal.