Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello recollerá as solicitudes de matrícula da Escola Infantil de Rons

Fecha: 2016-08-11

O centro permanece pechado por mor das obras de reforma que están sendo levadas ao cabo. 

 

Ante o peche da Escola Infantil de Rons durante o mes de agosto debido ás obras de reforma que se están desenvolvendo nela, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, responsable deste centro, solicitoulle ao Concello do Grove que facilite a presentación das solicitudes de matrícula en dependencias municipais, solicitudes que concorrerán ao prazo extraordinario de baremación do mes de setembro.

 

Deste xeito, as familias interesadas poderán rexistrar a súa solicitude no edificio administrativo, situado na rúa Alcalde Xacobe Barral Otero, no horario de funcionamento ordinario (de 9.00 a 14.00 h). Estas solicitudes serán recollidas polos responsables do Consorcio no primeiro día hábil de setembro.